ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O proxecto “Ártabro Inclusivo” dará unha segunda vida aos residuos mariños. Cunha subvención europea e da Consellaría do Mar de 60.000 euros permitirá recoller e tratar o plástico e a madeira do mar e xenerar novos produtos con eses residuos. Abarcará a Ferrol, Narón e Fene. Unha iniciativa tramitada polo GALP Golfo Ártabro.
“Ártabro Inclusivo” destaca pola súa transversalidade, pretende valorizar os residuos mariños, sensibilizar á poboación do impacto deste lixo e dirixirse ao sector pesqueiro destacando a importancia de coidar o seu medio de vida. Na iniciativa participan Aspaneps, Saude Mental Ferrol Eume e Ortegal, a Universidade da Coruña, o CIFP Ferrolterra e as confrarias de Barallobre e Ferrol.
Publica o teu comentario agora