Segunda volta bonita

Segunda volta bonita
20 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A segunda volta para min está sendo máis bonita que a primeira”, opina o adestrador do Maniños feminino, Juanjo Iñiguez, Cebolo. “O equipo está xogando moi ben”. Quédalle esa satisfacción ao Maniños a pesar da derrota no campo do Vedral, en Frades. Abellá 3-2 Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

“O partido decidiuse nunha primeira parte un pouco tola, empezaron marcando, empatamos rápido; volveron marcar, volvemos empatar e nunha xogada desgraciada ao final, no minuto 38 meten o terceiro ”, resume o técnico do Maniños o partido correspondente á xornada da Segunda Galicia da competición da Liga de fútbol feminino. “Creo que aí acabou o partido en canto a resultado”, destacou

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora