Segundo Demo Pequeno

Segundo Demo Pequeno
30 de Xaneiro, 2024 - 05:17 h. | Publicada por Radio Fene

Convocado o concurso de banda deseñada de humor Demo Pequeno. O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene e Demo Editorial, empresa referente na banda deseñada en galego, colaboran no concurso dirixido a público infantil e xuvenil. O prazo de presentación de obras para esta segunda edición do certame xa está aberto. Poden presentarse mozos e mozas galegos de 8 a 16 anos. 

Segunda edición do concurso de banda deseñada de humor Demo Pequeno. Ata o martes 30 de abril mozos e mozas poden presentar os seus orixinais. A temática do certame este ano é “A revolución tecnolóxica e os cambios que produce no mundo. Poderán presentar unha historia curta de banda deseñada ou tira cómica de xeito individual ou en parellas de guionista e debuxante. Hai dúas categorías: Infantil, para rapazada de 8 a 11 anos, ou Xuvenil, para mozos e mozas de 12 a 16 anos. O fallo do xurado darase a coñecer o luns 20 de maio de 2024, no marco da conmemoración do Día dos Museos. A entrega do premio terá lugar na primeira quincena do mes de xuño. As bases do concurso poden consultarse na web do Concello de Fene, Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. 

Cultura

Publica o teu comentario agora