A seguridade aérea a debate na Coruña

A seguridade aérea a debate na Coruña

12 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Trinta paises europeos buscan hoxe o consenso na Coruña arredor da normativa de seguridade aérea e mobilidade urbana. Segundo o ministro de Fomento José Blanco, tratarán de atopar unha decisión conxunta e escrupulosamente respetuosa cos dereitos das persoas á intimidade, á imaxe e á saúde. O novo comisario de transportes da Unión Europea Siim Kallas estrease no encontro da cidade herculina.

Os ministros europeos buscarán ademais solucións aos problemas de transporte nas cidades e nas áreas metropolitanas. As saidas terán que contemplar o respeto ao meio ambiente, potenciación do transporte público fronte ao privado, eficiencia e utilidade. Nese ámbito a Comisión Europea presentou xa no pasado mes de outubro o Plan de Acción de Mobilidade Urbana, que por primeira vez inclue un conxunto de accións concretas neste ámbito.

Sociedade