ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Velar pola seguridade do público e dos pilotos é unha das tarefas máis complicadas á hora de organizar un rali. Jesús Raso coordinou ese labor a pasada fin de semana no rali da Coruña. Unha caravana con doce persoas en seis coches percorren os tramos asegurándose que o público está nas zonas habilitadas. Unha vez comproban que non hai obstáculos na estrada, dan a saída aos vehículos de competición.
O rali percorreu estradas de Culleredo, Arteixo, Cerceda e Aranga. Victor Senra alzouse ao remate coa primeira posición na primeira cita do campionato galego de ralis. O rali da Coruña congregou a milleiros de espectadores. 113 equipos participaron nunha carreira que xa cumpriu vintecatro anos.
Publica o teu comentario agora