ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Polémica creada pola empresa , que ofrece escanear o iris do ollo ás persoas a cambio do pago dalgunhas criptomoedas. Instalaron postos en centros comerciais de distintos lugares, por exemplo na Coruña, ata que interveu a Axencia Española de Protección de Datos, como informou en Radio Fene o especialista en contidos dixitais Iago Varela.
“Falta transparencia”, sinala Iago Varela. A empresa anuncia que traballa nun proxecto interesante, crear identidade dixital universal a través do escaneo do iris, permitindo a todas persoas contar cunha forma segura para identificarse. “Hai preocupación sobre como se van usar eses datos no futuro, o iris é un elemento único, máis seguro que as pegadas dixitais, pode derivar en discriminación por parte das empresas”, explica Iago. Esas dúbidas sobre o uso e a seguridade dun dato biométrico que nos distingue a cada un de nós levaron a intervir á Axencia Española de Protección de Datos. Ordenou a suspensión temporal do proxecto mentres investigan se cumpre coa normativa de protección de datos. “A principal preocupación é que eses datos recompilados poidan empregarse en fins sen consentimento das persoas, tamén se lle impuxo multa de 300.000 euros por incumprimento da normativa por non ter obtido o consentimento explícito dos usuarios para obter eses datos biométricos”.
Publica o teu comentario agora