Seguridade peonil

Seguridade peonil
29 de Maio, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene traballa na consecución dunha senda peonil na estrada provincial ao seu paso por Barallobre, desde O Penedo ao Monumento ao Camiñante Descoñecido. Búscase a seguridade dos peón e completar unha ruta entre Maniños e Perlío.

ESCOITA O PODCAST:

Un tramo da estrada da Palma que discurre entre Barallobre e Maniños vai contar cunha senda peonil para preservar a seguridade dos peóns. A concelleira de Obras de Fene, Mar Piñeiro, anunciou a realización desa senda no tramo que discorre entre Bodegas Barral e a ferretería Berto. Un tramo de curva moi perigoso para a seguridade dos transeúntes que son moitos nesta estrada. “Neste momento a estrada carece de arcén ou de calquera tipo de protección” explicou Piñeiro quen se comprometeu a executar as obras nunha das beiras da estrada ao longo deste ano 2021.

Para o 2021 hai outros proxectos. Os do POS xa están especificados, pero a maiores Fene solicitou subvención sao AGADER para o amaño de camiños nas parroquias de Magalofes e Sillobre. Piñeiro informou tamén da intención de realizar pequenas obras en camiños de todas as parroquias, reservando unha partida para ese fin nos orzamentos deste ano. De feito xa se traballa na planificación desas obras para aproveitar os meses de bo tempo que se aveciñan. A concelleira socialista anunciou tamén a recuperación de catro proxectos de saneamento, entre eles os do cruce de Fene ou os de Cornide e Orra.

Nova executiva do PSOE local.

Noutra orde de cousas, xa como concelleira do grupo municipal socialista, preguntamos a Mar Piñeiro pola formación da nova executiva socialista a nivel local de Fene. Manifestou que unha xestora traballa para formar esa nova executiva que terá que elexirse en asemblea, unha asemblea que se retrasa a causa da Covid. Afirmou que prosigue o diálogo para limar os conflitos internos e que cando se poda, elixirase a nova executiva. “Hai que deixar as rencillas. O importante é o partido” concluíu Piñeiro.

Institucional

Publica o teu comentario agora