Seguro non é, pero ...

Seguro non é, pero ...
09 de Decembro, 2020 - 02:06 h. | Publicada por Radio Fene

O tren volve nesta xornada á actualidade. O trazado da vía entre Ferrol e Betanzos data de 1912, non se moderniza e as víaxes son cada vez máis escasas. Poucas persoas utilizan o tren para desprazarse a Ferrol, a Pontedeume e á Coruña, cando o ferrocarril é recoñecido en todo o mundo como un medio de transporte ecolóxico e económico. Por se fora pouco en Perlío o tren divide á parroquia en dúas zonas de difícil comunicación.

ESCOITA O PODCAST:
O alcalde de Fene Juventino Trigo con directivos de ADIF en Perlío

Seguro non é, pero atravesar a vía é a única solución que temos a dia de hoxe. Esa é a resposta da cidadanía de Perlío que utiliza o paso a nivel sen protección entre a avenida Marques de Figueroa e a rúa do cruceiro de Perlío.  A solución para unha maior permeabilidade sería un paso soterrado ou elevado, segundo indicaron esta mañá a Radio Fene ao pé da via do tren. Cruzar a vía é moi perigoso pero a alternativa é dar un rodeo de máis de un quilómetro e medio. Tanto o paso elevado como o soterrado  sería unha forma máis fácil de circular, especialmente para as persoas maiores que van á igrexa, ao cemiterio ou a distintos servizos.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora