ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Satisfacción e agradecemento do Concello de Fene pola compromiso veciñal contra a violencia sobre as mulleres. A alcaldesa, Sandra Permui, e o concelleiro responsable da área de Benestar, Manuel Polo, denuncian a gravidade da violencia machista e reivindican o dereito das mulleres á vida e a liberdade esta semana no espazo de Radio Fene dedicado aos Servizos Sociais.

“Houbo moita participación das veciñas e veciños, das asociacións e sociedades”, felicitouse a alcaldesa, Sandra Permui que fixo balance da programación municipal con motivo do 25N. Agradeceu a colaboración das “mulleres extraordinarias” que colaboraron na celebración cedendo mil flores lilas que se poden admirar na pasarela do Concello. “A pasarela reivindicativa quedou moi bonita, temos moita sorte de ter veciñas así”, dixo a alcaldesa que tamén destacou a boa acollida de público que tivo a proxección da película de Margarita Ledo “Prefiro condenarme”.
O Concello de Fene ten o mérito de ser unha das poucas institucións nas que se aprobou por unanimidade unha Declaración institucional con motivo do 25N. “Fomos quen de chegar a un acordo”, dixo a alcaldesa. Aos que frivolizan co tema ou minimizan a gravidade da violencia machista, o concelleiro de Benestar lembroulles que, lamentablemente, aínda “hai moitas mulleres que miran para atrás”. E lembrou que en Galicia hai “seis mil mulleres con protección policial, son seis mil mulleres en perigo”. Por iso a Declaración institucional aprobada polo Concello de Fene reclama “fortalecer os medios públicos, para que ningunha vítima estea desatendida”, manifestou Manuel Polo.
Publica o teu comentario agora