ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Seis persoas faleceron no accidente dun autobús, que se precipitou desde unha ponte ao río Lérez nunha caída de trinta metros. O suceso tiña lugar a preto das 21.20 horas da noite do sábado no quilómetro 67,5 da N-541, á altura de Pedre en Cerdedo- Cotobade. Mañán intentarán retirar do río o autobús accidentado. As persoas falecidas residían en Agolada, Lalín, Soutomaior e Nigrán. Resultaron feridos leves o condutor do autobús e unha pasaxeira.
O autobús sinistrado pertence á compañía Monbus e realizaba a ruta entre Lugo e Vigo. No vehículo viaxaba un grupo de persoas que estiveran no cárcere de Monterroso visitando aos seus familiares que se atopan en prisión, pero tamén outros pasaxeiros. Os bombeiros puideron rescatar con vida ao condutor do vehículo, que foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, e a unha muller, á que se levou ao Hospital Montecelo.O condutor deu negativo nas probas de drogas e alcohol. No momento do accidente no seu interior viaxaban un total de oito persoas, ainda que o condutor nun primeiro momento falou de nove pasaxeiros. Segundo indica o alcalde de Cerdedo-Cotobade Jorge Cubela, hai dous sobreviventes, o condutor do vehículo e unha muller.
Na imaxe de Xan Xe, inundacións no río Cádavo en Perlío Fene. 23 de decembro de 2022.
Publica o teu comentario agora