Seiscentos expertos

Seiscentos expertos
11 de Decembro, 2025 - 03:34 h. | Publicada por Radio Fene

A rolda Oeste de Fene é unha necesidade recoñecida no Plan Estratéxico e Mobilidade da Xunta no que traballaron, pensando no futuro, 600 expertos. Resaltouno o voceiro socialista no Concello de Fene, Joaquín Ayala, nunha entrevista en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Que en Madrid dixeran non paréceme lamentable, unha descoordinación do PP do señor Feijóo e o señor Rueda”, opina o voceiro do PSOE no Concello de Fene. Lembra Joaquín Ayala que o Plan Estratéxico de Mobilidade, elaborado pola Axencia Galega de Infraestruturas, inclúe un Plan sectorial da rede viaria Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas e unha das medidas previstas nese documento é a rolda Oeste de Fene, cunha lonxitude de 2,13 quilómetros e un investimento previsto de 23 millóns de euros.

“Se 600 expertos entenden que ten que estar, están mirando para o futuro”, afirma Ayala que tamén se pronunciou sobre o convulso panorama político. Criticou a falta de investimentos da Xunta en Fene e a xestión económica municipal, ademais e pedir máis celeridade na tramitación da Ordenanza de Circulación consensuada por todos os grupos políticos. 

Institucional

Publica o teu comentario agora