A selección galega cadete de baloncesto elixirá o seu equipo para o Campionato de España en Vilalba

A selección galega cadete de baloncesto elixirá o seu equipo para o Campionato de España en Vilalba

06 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A selección galega cadete de baloncesto elixirá ao seu equipo definitivo para o Campionato de España na concentración que levarán a cabo en Vilalba durante a fin de semana. O pavillón municipal da capital chairega ditará sentenza para 12 dos 14 integrantes que se darán cita no municipio lucense e que formarán parte do torneo nacional que terá lugar na primeira semana de xaneiro en Cáceres.

al e como anunciaron hoxe os responsables da Federación Lucense de Baloncesto, Óscar Engroba e Patricia Rico, os convocados polo seleccionador autonómico, Javier Cotelo, terán dous días para convencer aos técnicos de que son os ideais para desputar esta competición. Para elo, adestrarán mañá e tarde no pavillón vilalbés, con entrada libre para todos os que queiran ver as evolución das futuras estrelas do básket galego.

 

 

A de Vilalba é a sexta concentración das 9 previstas para afrontar o Campionato de España, despois de que comezasen no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra no mes de xuño.

 

A fin de semana completarase cunha charla sobre nutrición deportivo, a cargo de Loli Piñeiro, coordinadora de Herval Life en Lugo, que terá lugar despois do último adestramento do domingo no propio recinto vilalbés.

Deportes