Selectos pelegríns polo Camiño Inglés a Compostela

Selectos pelegríns polo Camiño Inglés a Compostela

15 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nunca tanta xente pasou polo camiño inglés a Compostela como este ano. Dende a primavera foi un contínuo goteo de pelegríns que aínda continúa ás portas do outono. Hoxe é un día especial para este camiño ao que lle custóu moito darse a coñecer, porque nada menos que o International National Trust peregrina por el e iso é un espaldarazo para o turismo dos concellos por onde pasa. O alcalde de Fene, Gumersindo Gal

O International National Trust peregrina polo camiño inglés en dirección a Compostela. Unha representación deste distinguido club inglés partiu de Ferrol esta mañá e ao mediodía tomaba un tentempé por xentileza do concello de Neda. Sobre as 14,30h agardáronos no concello de Fene para xantar. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego sumouse á peregrinaxe en Neda. Ao chegar ao concello de Fene agárdanlles unhas ameixas á prancha e unha carne asada, cociñadas polo Muíño do Vento.

Fene recibiunos antes coa música da Banda Airiños de Fene e tamén cunha foto de gran tamaño, unha montaxe que representa a catedral de Santiago cobixada baixo a grúa pórtico de Astano. Todo un símbolo para que se teña en conta a potencialidade que ten Fene para o turismo industrial. Unha representación do International National Trust asistíu este verán en Ferrol ao Congreso do Turismo industrial e agora fai as prácticas daquela teoría, percorrendo o camiño inglés, un patrimonio natural e cultural a coidar. O selecto grupo de pelegríns chegará o venres a Compostela.

Sociedade