ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Dez anos de experimentación e aprendizaxe artística. O Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity leva unha década traballando co alumnado diferentes técnicas artísticas. Na Casa da Cultura de Fene inaugurouse a exposición Antes da obra…el entrenamiento.

O Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity, aberto en Fene hai dez anos por Laura Bouza, culmina o curso escolar con unha exposición na que podemos observar como se desenvolve o proceso de aprendizaxe artística. A mostra reúne unha selección de exercicios realizados polo alumnado durante este curso. Amósanse obras realizadas con distintas técnicas como pintura ao temple, debuxo, escultura ou gravado. Expoñen tamén papeliños con notas das frases nas que máis se insistiu durante todo o curso. “Sen censura ningunha”, bromea Laura Bouza, artista que foi quen de poñer en pé e soster durante todos estes anos en Fene o Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity. “Cando empecei había quen preguntaba se era unha perruquería ou unha florería”.
A VI Mostra de Alumnos Laudas Calamity poderá visitarse na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene até o vindeiro 12 de xuño, en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
Publica o teu comentario agora