ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un coloquio aberto sobre o futuro da aldea, no corazón da Feira da Plantación.

No marco da Feira da Plantación de San Sadurniño, no arboreto autóctono da Cortiña -unha parcela de dúas hectáreas-- con máis de 13 viveiros e 100 postos de produtos para a horta, artesanía e gastronomía. Sempre aparecen postos de maquinaría agrícola con empresas de xardinería. Haberá actividades para a rapazada. O dia vai acompañar, segunndo o prognóstico do tempo. Pode visitarse a feira entre as dez da mañá e as oito da tarde. EMUGA organiza, para este domingo 26 de abril un coloquio no que, entre plantas, saberes e comunidade, abordaremos o despoboamento e as moitas oportunidades que existen para manter vivo e dinámicas as aldeas e pequenas vilas.
"Sementando futuro no rural" abordará a realidade do despoboamento pero aportará propostas e iniciativas que están a revitalizar as aldeas. O coloquio desenvolverase entre as 10,30 e as 12,30 horas e contaremos con mulleres que coñecen ben o rural; acompañarannos a experta na Axenda 2030 Raquel Piñeiro, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego María Ferreiro,e unha das promotoras do proxecto "Habitar o Baleiro" Claudia Morán.
Trátase dun coloquio aberto e participativo que formará parte dos podcast elaborados dentro do proxecto Conexión Europa que EMUGA está a desenvolver conxuntamente coas asociacións de Emisoras Locais de Andalucía (EMA) e rede catalana La Xarxa e RTV Cardedeu. Un proxecto que conta co apoio da DG Regio da UE.
Publica o teu comentario agora