Sementando Igualdade

Sementando Igualdade
07 de Marzo, 2025 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

Fene homenaxea ás súas mulleres. O Concello adiantou os actos conmemorativos do 8M que tiveron gran acollida cidadá. Organizounos a Concellería de Benestar e Igualdade que dirixe Sandra Permui.

Pola mañá despregouse unha faixa conmemorativa na Casa do Concello que representa o compromiso das mulleres fenesas na reivindicación dos seus dereitos. Outro dos momentos máis emotivos da xornada tivo lugar no espazo “Sementando Igualdade”, onde se realizou unha homenaxe ás mulleres das sociedades locais a través da “Árbore da vida”. Representantes das diferentes entidades tomaron parte neste recoñecemento colectivo do seu papel fundamental no tecido social e comunitario de Fene.

A programación continuou pola tardes no salón de plenos do Concello de Fene coa presentación oficial do xogo “O latexo das bolboretas”, unha ferramenta innovadora para traballar a reflexión, a autoestima e o empoderamento das mulleres a través do xogo de mesa. Tras este obradoiro, dirixido a mulleres, o material será distribuído nas sociedades, centros educativos e outras entidades do municipio.

Institucional

Publica o teu comentario agora