A semente da libertade

A semente da libertade

16 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Seixido López naceu en 1922. Daniel Romero López en 1923. Os dous actuaron como enlaces da guerrilla antifranquista na década dos 40. Eran os anos da fame e o réxime actuaba implacable contra todo o que soaba a rebelión. Eles axudaban aos escapados, aos combatientes da liberdade, arriscando a súa vida. Son a testemuña vida da semente de libertade.

Nacín no lugar da Fonte en Limodre, na casa dos meus abós maternos, un fogar marcado pola ausencia dos homes que emigraban a Cuba en busca de oportunidades. Nestes anos faltaban o meu abó, o meu pai e un dos meus tios, os tres emigrados en Cuba, e non tardaría en marchar o máis pequeno dos irmáns da miña nai, de xeito que as duas mulleres quedaríanse soas co recén nacido, que era eu. Estábamos en 1922.

 

Comeza deste xeito o libro Huellas de amor en la memoria, de Sindo Seixido, presentado onte á tarde na Casa da Cultura de Fene (A Coruña). No acto interviron a editora Loida Martinez e o alcalde de Fene Iván Puentes.

O veciño de Limodre cumpreu xa 87 anos e relata neste volume a súa infancia, adolescencia e xuventude entre Limodre, Maniños, Barallobre e Ferrol. As memorias rematan no ano 1948 cando escapa a Francia. Sindo Seixido anunciou no acto de presentación, que o libro terá continuidade nun novo volume no que relata a súa estancia en Francia e máis en Cuba.

Sociedade