A semipresencialidade, un mal menor

A semipresencialidade, un mal menor
31 de Decembro, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os universitarios que están matriculados no campus de Ferrol, como moitos outros, tiveron que adaptarse á semipresencialidade este ano. Esperan que o vindeiro curso se poda realizar integramente nas aulas e laboratorios.

Sistema Universitario de Galicia

O campus universitario de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) recupera alumnado. No presente curso 2020-2021 chega ás 2.529 persoas continuando a tendencia á alza de cursos anteriores.

Os últimos grados incorporados ao menú académico local están a atraer xente. Son Xestión Industrial de Moda, Xestión Dixital da Información e Documentación e o novo grado aberto de Enxeñería Eléctrica. Relacións Laborais e Recursos Humanos doblou a súa matrícula de novo ingreso.

Nun principio, as familias galegas, ante a incerteza de como se podería desenvolver o novo curso pola covid 19, decidiron que a mellor opción era que os estudantes permanecerán nos seus fogares ou preto deles. Quen así opinaba era a vicerrectora de Planificación Académica Nancy Vázquez.

Pero co avance do curso, optouse por una “normalidade” na que os alumnos dos diferentes grados puideron cursar un sistema de semipresencialidade, é dicir, complementando as clases presenciais con outras online mediante as plataformas que se usaron durante o primeiro confinamento.

Con isto, a Universidade busca que os contaxios non se disparen no colectivo máis novo pero que, a súa vez, os alumnos non perdan o que é a “vida universitaria”. Aquí os principais afectados foron todos os estudantes de fóra da cidade ou incluso do país, que cos novos grados son moitos máis que nos pasados cursos.

Ao igual que o resto de centros universitarios públicos, a UDC espera que o vindeiro curso poda desenvolverse sen estas restricións, permitindo así que os alumnos desfruten de cousas tan sinxelas como un café no campus. Eles, pola súa parte, traballan e traballarán para cumprir todos os requisitos sanitarios que pide a situación.

Sociedade

Publica o teu comentario agora