ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Atención inmediata”, o programa de Teleasistencia domiciliaria é un bo recurso para as persoas maiores ou que precisan axuda e pasan moito tempo soas na casa. A traballadora social do Concello de Fene Sonia Fresco explicou o funcionamento e vantaxes deste servizo en Radio Fene.
“Animo a solicitalo, é un servizo marabilloso, dá resposta de xeito inmediato aos usuarios cando o precisan”, manifestou a traballadora social. No concello de Fene hai actualmente 153 persoas que contan con este dispositivo, un botón que se pode colgar do pescozo ou poñer como un reloxo e que permite dar aviso no caso dunha caída ou de calquera problema que sufra o usuario. Para solicitalo hai que acudir aos servizos sociais do Concello. En Fene a maioría das persoas que fan uso do programa de Teleasistencia son mulleres maiores de 65 anos. Moita xente sabe da existencia deste recurso pero non cae na conta de que pode valerse del. “Atopamos moita xente que veñen pedir outra axuda e nós aconsellámoslles que o soliciten”.
Publica o teu comentario agora