Sempre houbo abusóns

Sempre houbo abusóns
09 de Xuño, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Os abusóns, o acoso escolar ou bullying. Son diferentes nomes dun mesmo problema. Refírense a insultos, chantaxes, ameazas, difundir rumores, ignorar a un compañeiro ou compañeira, roubos ou agresións físicas. Non está de mais lembrar a necesidade de non permitir actuar aos abusóns. 

ESCOITA O PODCAST:

Os Servizos Sociais do Concello de Fene poñen en marcha ao longo do curso distintas actividades de prevención deste problema para concienciar á rapazada, as familias, profesores e profesoras, segundo explica a pedagoga María Xosé Paz.

Sociedade

Publica o teu comentario agora