Sempre houbo branco lexítimo

Sempre houbo branco lexítimo
28 de Agosto, 2024 - 10:02 h. | Publicada por Radio Negreira

“Na terra de Boiro, o viño madura máis cedo. Os nosos viñedos están plantados á beira do mar, preto da praia. Apórtalle máis salinidade. Amparado na IXP Terra do Barbanza e Iria. Nós estamos en Cabo de Cruz, en Boiro e somos só catro ou cinco adegas, na Pobra, en Rianxo e en Valga. Producimos o Xirpín, 60% albariño e 40% branco lexítimo, O raposo de Xirpin (monovarietal de branco lexítimo), Fasquía (caiño tinto e mencía) e o Miúdo (monovarietal de caiño tinto)" afirma Nuria Saborido da adega Antonio Saborido (IXP Iria- Barbanza). Para ela, "sempre houbo branco lexítimo. Foi a menos pero logo foise recuperando. O meu pai traballou moito na recuperación, en plantar viña nova de branco lexítimo. É unha uva que madura moi cedo".

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Nuria Saborido, de adegas Antonio Saborido:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/280824SABORIDO.mp3

Adega Antonio Saborido

Como dí Bieito Iglesias en Miss Ourense: «Anque corría o mes de Santiago, pintaban xa as uvas. Na fochanca ourensá, as sestas adoecidas do verán obran eses prodixios. Cortei un cangallo que me tentaba cos seus bagos tenros, de pel transparente e apurei o paso para fuxir das avespas golosas, empeñadas en disputarme o acio». Indica Iglesias: «A augardente do país, estilada dun bagazo que inclúe os cangallos dos acios e facendo, como lle fan, un leito de vides no fondo do pote do alambique, contén pequenas porcentaxes de alcohol de madeira».

 

Na imaxe, caseta de Adegas Antonio Saborido, na Feira Gastro Lexítimo. Paderne. 29 de xuño de 2024

Fotografia Pepe Barro

Reportaxe completo sobre "Branco lexítimo. Un viño autóctono que se resiste a desaparecer" en Sermos Galiza, número 620. Sábado 24 de agosto de 2024

Sociedade

Publica o teu comentario agora