Sempre se preocupou moito polo fútbol feminino

Sempre se preocupou moito polo fútbol feminino
12 de Abril, 2022 - 08:28 h. | Publicada por Radio Fene

"Pitusa sempre se preocupou moito polo fútbol feminino e tíñamoslle moito aprecio" afirmou o adestrador do Maniños Carlos Gómez. "Queremos adicarlle a vitoria a Pitusa" manifestou o mister do Perlío feminino Juan José Lorenzo. O Perlío clasificouse para a fase de ascenso á Primeira División galega. Xogará contra o Noia na localidade do Barbanza a vindeira fin de semana nunha eliminatoria a partido único. 

ESCOITA O PODCAST:

Adestrador do Perlío Juan José Lorenzo
http://173.255.131.18/audio/120422LORENZO.mp3
Adestrador do Maniños Carlos Gómez
http://173.255.131.18/audio/120422GOMEZ.mp3
Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía Xan Xe Corral

O Maniños gañou 1-2 ao Rosalía e continua na primeira posición da Liga de fútbol 7. Lévalle 5 puntos ás segundas clasificadas e faltan 3 partidos.

Deportes

Publica o teu comentario agora