Sen acordo no transporte

Sen acordo no transporte
05 de Febreiro, 2026 - 03:41 h. | Publicada por Radio Fene

O Pleno de Fene falará esta tarde do conflito no transporte de viaxeiros por estrada que continúa sen solución. Unha moción do Bloque Nacionalista Galego demanda a implicación da Xunta para dar solución a un problema que afecta a milleiros de usuarios dos autobuses na provincia. 

ESCOITA O PODCAST:

Mantense a ameaza de folga indefinida a partir do luns, cando remata o prazo para pactar un novo convenio. Da situación que se abre tras o clamoroso non do persoal falou o voceiro da CIG, Ernesto López, en Radio Fene. Os traballadores desbotaron o principio de acordo ao que chegara a patronal cos sindicatos UXT e Comisións Obreiras. A gran maioría dos traballadores dixeron non á proposta da patronal nas votacións realizadas onte, igual que fixera a CIG na mesa negociadora. 



Sociedade

Publica o teu comentario agora