ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cruzar a vía do tren en Perlío de xeito seguro. Un proxecto ambicionado polo Concello de Fene que deixa a vía morta. O alcalde, Juventino Trigo, informou en Radio Fene dos avances para a creación dun paso elevado sobre a liña ferroviaria.
“Un paso adiante nunha reivindicación de hai anos”. Así valorou Juventino Trigo a comunicación sobre os avances na tramitación do proxecto que lle fixo chegar Adif. O comité de dirección do ente ferroviario empezou oficialmente a tramitación do novo convenio, xa pactado co Concello e que recolle a alternativa de paso elevado acordada polas dúas administracións, logo de deixar sen validez o anteriormente vixente que xa quedara desfasado. A solución elixida supón a creación dun paso elevado para “comunicar outra vez a parroquia de Perlío, é importantísimo para o barrio e o Concello, suporá unha mellora da comunicación e da seguridade”, destacou o alcalde.
Accesibilidade
O Concello quere garantir a accesibilidade a todos os seus servizos. Para iso ten previsto investir 180.000 euros nun proxecto para acondicionar novas oficinas nos locais da rúa Tras do Cádavo. Conta con financiar a actuación con fondos propios e unha achega da Deputación provincial. O pleno municipal decidirá este mércores sobre a solicitude desa subvención, segundo explicou o rexedor.
Publica o teu comentario agora