Sen darlle a volta ao marcador

Sen darlle a volta ao marcador
05 de Maio, 2025 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre non foi quen de darlle a volta ao marcador. Perdeu 1-0 en San Sadurniño. O equipo do Ramo ten que vencer a próxima xornada na casa diante do Narón e esperar que falle o Cebarca que recibe ao Cariño. A praza da promoción de ascenso véndese cara.

ESCOITA O PODCAST:

Valoración do adestrador da S.D.Barallobre Borja Mesa:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/0505025MESA.mp3

Fotografia Xan Xe

O adestrador do Barallobre Borja Mesa dálle os parabéns ao Meirás polo ascenso directo e ao San Sadurniño pola súa clasificación para a fase de ascenso. Onte no campo da piscina houbo unha moi boa entrada. O gol chegou no minuto 63. “Despois tivemos ocasións claras pero non logramos marcar” reflexiona Mesa.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora