Sen fixarse na orixe

Sen fixarse na orixe
19 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Berries Galicia naceu co obxectivo de unir aos produtores galegos de froitos vermellos e buscar unha maior rendibilidade. Non é doado poñer no mercado arandos ou fresas producidos na nosa terra, tal e como desvela Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia, en Onda ODS.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Os principais problemas que nos atopamos a día de hoxe son dous: a man de obra e a comercialización. Están traendo arandos de fóra que non cobren os custos de produción do arando galego. Neste caso míranse os presos e non se valoran as calidades nin a proximidade. Moitas veces a xente merca sen fixarse na orixe do que compra. Por este motivo, vémonos na obriga de buscarnos mercado fóra de Galicia porque aquí o produto valórase en parte pero non ao cen por cen. A realidade é así”, explica en Onda ODS, Ramiro Touceda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora