Sen novidades na atención á dependencia

Sen novidades na atención á dependencia
10 de Febreiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Avalancha de preguntas nos servizos sociais desde o anuncio do chamado Bono Coidado. Pero non hai nada novo. Ademais de criticar como se presentou, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reaccionou pedindo á Xunta solucións ao sistema de dependencia. O Bono Coidado da Xunta é un recurso que xa existía para a atención de persoas con algún grao de dependencia, como aclarou a traballadora social de Fene Beatriz Rodríguez. 

ESCOITA O PODCAST:

“Non é novo. Bono Coidado é o nome que se lle deu á ultima orde, en novembro do ano pasado, a un recurso que xa existía, a libranza para coidados na contorna familiar”. Pódese solicitar nos servizos sociais do Concello ou do Centro de Saúde. A petición debe partir da persoa que precisa os coidados. “O primeiro requisito, a persoa beneficiaria ter recoñecida unha situación de dependencia e a Xunta ten que determinar que é o recurso axeitado para as circunstancias da persoa en cuestión”. A contía varía en función das circunstancias, a mínima é de 416,66€ mensuais, independentemente da dependencia e dos ingresos”. 

Institucional

Publica o teu comentario agora