Sen Quiles

Sen Quiles
11 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Deportivo recibe este domingo en Riazor ao Real Madrid Castilla. O equipo de Óscar Cano non poderá contar con Alberto Quiles, o seu máximo goleador.

ESCOITA O PODCAST:

O conxunto branquiazul terá que asumir a baixa por sanción do dianteiro andaluz para enfrontarse ao equipo do exdeportivista, Noel López. O Dépor chega á xornada 27 con 50 puntos e ocupa a segundo posto da clasificación. O líder segue sendo o Alcorcón. O encontro dará comezo ás 19,00 da tarde. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a gañar ante a súa afección co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí ou na nosa canle de youtube.

Na imaxe, Alberto Quiles adestrando en Abegondo.

Fotografía: RC Deportivo.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora