Sen resposta

Sen resposta
29 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Indignación das familias afectadas pola negativa da Xunta a admitir aos seus fillos e fillas no colexio Os Casais de Maniños. As familias continúan a ignorar en que centro se teñen que matricular, segundo informou en Radio Fene Olalla Barro.

A ANPA Río de Va, do CEIP Os Casais de Maniños, Fene, denuncia a desesperación das familias que están en lista de agarda. Do día 30 de xuño finaliza o período de matrícula nas escolas de infantil e primaria e as familias que ficaron en lista de agarda aínda non obtiveron resposta da administración educativa. Desde a inspección educativa trasladóuselles o 25 de xuño como data na que ían tomar unha decisión sobre a súa situación, pero non lles deron aínda ningunha resposta. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora