ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Desta asamblea saimos sen vencedores nen vencidos" afirmou esta tarde no recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela o portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez. A cita congresual elexiu como candidato do BNG á Presidencia da Xunta a Francisco Jorquera quen destacou a elevada participación da militancia (máis de 4.300 persoas) como demostración do carácter asambleario e democrático da formación nacionalista.
O Consello Nacional do BNG estará formado por 24 membros da Alternativa pola Unidade (a candidatura impulsada pola UPG logrou 2164 votos e terá 7 postos na executiva) 23 de Máis Galiza e Encontro Irmandiño ( 2026 votos e 7 membros da executiva) e 3 do Movemento Galego ao Socialismo (248 votos e 1 na executiva).