Sensacións moi positivas

Sensacións moi positivas
12 de Xaneiro, 2026 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

Sentoulle ben o parón do Nadal ao Barallobre que retomou a competición ligueira anotando tres puntos nun partido complicado. Barallobre 2-0 Valdoviño, este domingo, no campo do Ramo. Conversamos co adestrador do Barallobre, Borja Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un partido moi complicado, o estado do terreo marcou moito o xogo”, declarou o técnico do Barallobre que destaca “as sensacións moi positivas polo resultado”. “Na primeira parte custounos, o rival viña doído, moi ben asentado o campo, poñía as cousas difíciles”, recoñece. 

Deportes

Publica o teu comentario agora