Sensibilización arredor da cooperación

Sensibilización arredor da cooperación

31 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Servizos Sociais, e con motivo da celebración este 2011 do Ano Europeo do Voluntariado, está a apoiar unha nova iniciativa en prol do fomento do voluntariado e da sensibilización da cidadanía sobre o seu valor e importancia para a sociedade. Trátase das sesións educativas que, nestas semanas, estivo a desenvolver a organización non gubernamental Mundo Cooperante nos centros educat

Desde o departamento de Servizos Sociais, o seu responsable, José Alén, fixo fincapé na importante labor de colectivos coma Mundo Cooperante á hora de facer chegar aos homes e mulleres do mañá unha serie de valores e de ideas que lles permitan ser críticos co que acontece noutras partes do planeta e que tamén axude a fomentar o espírito do voluntariado, porque, tal e como aclarou o edil, cun pequeno esforzo de todos, é posible alcanzar a igualdade de oportunidades para todos os habitantes do planeta.

Esta foi unha das ideas principais sobre as que xiraron as diferentes charlas educativas desenvolvidas por dúas voluntarias de Mundo Cooperante e a propia responsable desta ong en Galicia, Rosa López, e nas que, ademáis de dar a coñecer os proxectos desta ong por todo o planeta, tamén houbo tempo para unha serie de xogos, coma Pasapalabra ou Quen quere ser millonario, que lles permitiron aos alumnos e alumnas descubrir as desigualdades e inxustizas que se cometen no mundo real con aqueles que non viven nun país desenvolvido. 

A situación de mortandade infantil nos países da África negra, a falla de alimentos entre os que menos teñen, o analfabetismo, a alta incidencia da sida nos países subdesenvolvidos e as inxustizas sociais foron os principais protagonistas de todas e cada unha das iniciativas desenvolvidas en cada una destas charlas.

Estas actividades completáronse coa lectura dun cómic protagonizado por Krishna e Anxo, unha rapaza que a penas ten para comer e un neno que vive nun país rico onde con tan só mover unha man accede a cousas tan triviais coma a música, a auga corrente ou a educación; e que serviu para amosar aos alumnos e alumnas que malia que as diferenzas entre países son moitas, éstas non son insalvables mediante a colaboura de todos.

Ademais, nestes días, tamén se contou en As Pontes coa mostra Desigualdades, auspiciada pola Xunta de Galicia, e que pasou polos tres centros educativos nos que se desenvolveron estas actividades. Esta colección de paneis dá a coñecer, mediante datos reais e fotografías, o día a día dos habitantes dos países menos desenvolvidos e das desigualdades que sofren, sobre todo no que respecta ao colectivo feminino.

Todo isto mediante os Obxectivos do Milenio, marcados pola ONU no ano 2000, entre os que se atopan a erradicación da pobreza e da fame, o acceso á educación de todos e todas, a loita contra a mortandade matenra e infantil ou a posta en marcha de mecanismos para erradicar o contaxio masivo do VIH, obxectivos que poden parecer unha utopía pero que, tal e como se daba a entender nestas charlas, non son inalcanzables co esforzo de todos.

Sociedade