Senta e sente

Senta e sente
14 de Novembro, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Senta e sente, sube ás miñas rodas. A acción está dirixida a todas as persoas que queiran sentarse,en primeiro lugar a Corporación e aos técnicos municipais. Ver o que se sinte ao comprobar os obstáculos que dificultan,  a accesibilidade nas rúas de Fene. “A xornada está prevista en varios grupos e diferentes rutas que sairán ás 10 da mañá do venres 19, todas as persoas van estar acompañadas de voluntarias da ASCM,van de acompañamento para evitar incidentes e apoiar naqueles puntos que haxa dificultades”.

ESCOITA O PODCAST:

“Ao ter un fillo coñecemos todas as escaleiras da contorna, buscamos un acceso fácil” pero a accesibilidade é unha mellora para toda a poboación, xente que ten un accidente, pais e nais, xente maior con dificultades, afirma Paula Gárate de ASCM. Trátase de construír unha sociedade para toda a cidadanía. Senta e sente, sube ás miñas rodas. Unha iniciativa do Concello de Fene coa colaboración da ASCM. Desenvolverase o venres 19 de novembro ás 10 da mañá na Praza Ramón Souto de Fene..

Sociedade

Publica o teu comentario agora