ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Estamos convencidos de que a incineradora sería a sentenza de morte para a comarca" afirmou un dos convocantes da marcha que onte reuniu no Irixo a máis de 3.000 persoas, en contra da denominada "Sogama do sur". Non asistiron os representantes do PP na zona que teñen suscrito iniciativas contra a basureira.
As entidades ecoloxistas e os veciños alegan problemas de contaminación para opoñerse á nova incineradora do Irixo (Ourense). No mesmo sentido se teñen manifestado as Corporacións do Carballiño, Ribadavia e Piñor. Censuran a aposta pola incineración de residuos e reclaman a potenciación da reciclaxe, reutilización e compostaxe. A nova Directiva Marco de Residuos fixa como obxectivo para 2020 que o 50% dos refugallos municipais sexan sometidos a reutilización e reciclado. Segundo ADEGA, as incineradoras emiten dioxinas, furanos, PCBs, metais pesados e outros axentes contaminantes.