As sentenzas en galego son de xustiza

As sentenzas en galego son de xustiza

13 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón presentou hoxe unha proposición non de lei na que reclama dos poderes públicos “garantir o dereito do uso da lingua galega en calquera procedemento da Administración de Xustiza, ben en procesos xudiciais, notariais rexistrais ou de forma oral e escrita”. No 30 aniversario&nbs

Pontón cualificou os datos sobre as sentencias xudiciais de  “desoladores” ao confirmar que só o 3% son emitidas en galego e o último dato do ano 2009 reflicte que das 10.000 sentenzas foron publicadas, só 150 en lingua galega. Por outra parte, tamén  denunciou o “apagón informativo” da Xunta sobre os datos do uso do galego na Xustiza.

A Irmandade Xurídica Galega, dixo, reflicte  que só o 5% dos xuíces e xuízas utilizan o galego de maneira habitual, e grazas, recalcou  ao “compromiso, empeño e esforzo” deses 15 ou 20 maxistrados e maxistradas así como o  do persoal da Xustiza a pesar de que supón un “duplo esforzo” no seu traballo.

Proposición

Entre as medidas que presenta a proposición non de lei nacionalista, Pontón destacou: “ reformar a lei do Poder Xudicial para que os xuíces e xuízas deban acreditar o dominio da lingua galega, unha resolución da Xunta que regule o uso do galego no ámbito xudicial normalizando os textos   e  unha normativa para establecer que as  notarías formulen os  documento en galego”.

Finalmente, a parlamentaria insistiu que é moi importante conmemorar a primeira sentenza en galego pero advertiu que  “de nada vale  poñer placas se non rompemos coas barreiras que seguen discriminando o galego na Xustiza”.

Institucional