Sentimento e reivindicación no colofón de Vicente Araguas na Merced do Puntal

Sentimento e reivindicación no colofón de Vicente Araguas na Merced do Puntal

25 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un percorrido xeográfico-sentimental do puntal por parte do escritor e xornalista nedense e fillo predilecto do concello, Vicente Araguas centrará o colofón das festas da Merced . Araguas amósase satisfeito coa orixinal iniciativa da organización dos festexos de facer un colofón en vez do típico pregón. Colofón, unha palabra que segundo o escritor, enche a boca só de pronuncialo.

Vicente Araguas retorna a súa casa , un transvase contínuo de ida a volta a súa terra, pero esta vez o fai co gallo dun acto especial. Araguas terá a honra de facer  lectura do colofón das festas do Puntal.

O escritor percorrerá xeográfica e sentimentalmente as súas viencias de nenes no Puntal.  A lectura tamén terá un contido reivindicativo. Denunciará o estado semi-comatoso no que se atopa a Ría de Ferrol, a falta de tranporte en condicións nesta parroquia de Neda pero tamén botará man da memoria histórica.

A pesar da distancia este nedense de nacemento destaca o seu vínculo físico e carnal coa súa terra. Dáse a circunstancia que Araguas cumpre anos o día da Merced. Unha casualidade, un capricho do azar, o destino... 

Sociedade