Seoane recupera a través da Festa do Millo o cultivo deste cereal

Seoane recupera a través da Festa do Millo o cultivo deste cereal

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Torre de Seoane acollerá esta fin de semana a celebración da última festa etnográfica do ano, a Festa do Millo. Os veciños e veciñas de Seoane converteron os traballos relacionados co millo nesta celebración. Desde 2006, no mes de outubro, celébrase este evento que pretende manter viva na memoria de todos o proceso de cultivo deste cereal, tan impor

Os protagonistas son os veciños e veciñas de Seoane, encargados da sementeira, o coidado e a recollida do millo, que se converten en anfitrións o día da festa, no que non faltará comida e música, así como actividades para nenos e nenas.

A partir das 16:30h, os participantes na festa xuntaranse nunha aira para comezar os traballos adicados ap millo, que os visitantes poderán ver en vivo e en directo.

Todos estes traballos irán acompañados de música tradicional e a representación de teatro a cargo da compañía Os Pacorroques que porán en escena a obra “Pista ou Peste”.

Sociedade