ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A área de medio ambiente do concello de Allariz, a través do programa RE, vén de repartir 5.000 litros de compost ás persoas usuarias das zonas de compostaxe comunitaria. Entre o pasado mes de febreiro e a primeira quincena de marzo os operarios municipais encargados do programa RE, de reciclaxe e compostaxe comunitaria, traballaron na criba e reparto do compost situado nas caixas instaladas nas 25 zonas de compostaxe comunitario. “Este compost é froito das achegas de restos de comidas no último semestre de 2018 que, unha vez madurado, queda á disposición das persoas usuarias para libre uso nas hortas , sementeiros e fincas, macetas, etc” explicaba o técnico Xosé Romero.
O concello de Allariz continua na súa labor de sensibilización apostando firmemente pola separación do lixo que se produce nas casas, tratando a maior parte posible da materia orgánica con medios propios, evitando así custes ambientais e tamén sociais e económicos.
A área de medio ambiente ponse a disposición de veciños e veciñas por se houbera necesidade de cantidades maiores de compost dos que se dispón nas illas de compostaxe a través do correo tecnicomedioambiente@allariz.com
Publica o teu comentario agora