Seráns Activos

Seráns Activos
14 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Persoas activas, que superan os 55 anos, a maioría mulleres e empadroadas en Fene. Este é o perfil da xente que participa nas actividades dos Seráns Activos que ofrece o departamento de Benestar do Concello e do que informou en Radio Fene a pedagoga municipal María Xosé Paz.

ESCOITA O PODCAST:

A mediados de mes comezará o prazo de inscrición para tomar parte nas actividades dun dos programas máis consolidados e apreciados pola veciñanza, segundo informou María Xosé. A programación desenvólvese nas entidades sociais e ponse en marcha tendo en conta as posibilidades horarias e a demanda existente nas parroquias. O espazo memoria, lembranzas e recuperación de memoria son os tres apartados que se tratan nesta programación que dará comezo en outubro e prolongarase ata o mes de xuño.

Institucional

Publica o teu comentario agora