Ser diferente

Ser diferente
31 de Maio, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“O racismo contra Vinicius é un exemplo da sociedade”. Os insultos racistas contra o xogador do Real Madrid no partido contra o Valencia, suscitaron un gran debate sobre a existencia de racismo na sociedade española. O racismo e o acoso maniféstanse no deporte, que ten moitos valores positivos pero tamén fai aflorar o peor dalgunhas persoas, e tamén noutros eidos da vida cotiá.  Analizamos este tema en Radio Fene co psicólogo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/280523BARCIA.mp3

Fotografia: Cedida pola ONG Gaica da Coruña

 

“Por ser diferente, é a primeira resposta que dan os nenos cando se fan estudos de por que se producen os ataques de bullying”. A raíz do racismo, igual que sucede nos casos de acoso, está na falta de respecto ao diferente. “O problema está na crenza de que hai que insultar ao rival e non pasa nada por facelo”, advirte. “Hai que defender a vítima, pero apartala do lugar do conflito pon o foco nela no lugar de poñelo nos agresores e unha persoa que agride vaino seguir facendo se non o corrixen”, opina. José Barcia asegura que non vivimos unha época especialmente violenta, “o que pasa é que agora se viraliza, pero perséguese máis a violencia, se analizamos a Historia veremos que estamos máis seguros, aínda que sempre haxa que lamentar situacións de violencia”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora