Seres que senten

Seres que senten
15 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Podo levar para casa un gatiño atopado na rúa? Podo acceder a calquera establecemento público co meu can? Estas e outras cuestións, como as dúbidas sobre alimentación dun canciño recén chegado a un fogar, respondeunas en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemi Graña.

ESCOITA O PODCAST:

"Primeiro hai que seguir os cauces legais, avisar ás autoridades -Policía Local ou Protección Civil- pasar por unha protectora e logo esperar algúns días por se alguén o reclama”. Ese é o procedemento que debemos seguir se atopamos un animal e nos encariñamos con el. Tamén explicou Noemí que o recoñecemento como seres sentintes dos animais facilita o seu acceso aos establecementos públicos, agás nos que se serve comida que poden prohibilo. No transporte público tamén poden poñer restrición scomo que teñan que levar bozal, mentres noutros países non hai problema ningún. Comprobouno a propia Noemí no metro de Londres durante unha recente viaxe á capital do Reino Unido.

Sobre os problemas para alimentar un canciño que acaba de incorporarse a unha familia Noemí avisa de que o primeiro é levalo ao veterinario para descartar que teña algún problema de saúde. Se o problema fora de medo ou estrés a indicación é non presionalo, deixarlle a comida e non agobialo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora