Seres vivos, non peluches

Seres vivos, non peluches
11 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Milleiros de cans agasallados polo Nadal acaban encadeados, invisibles, engaiolados ou abandonados". Desde esta semana apélase á sensibilidade da veciñanza con esa información en carteis colocados por todo Fene. Nas instalacións municipais, en locais de entidades, polos colexios e en establecementos comerciais. Forma parte dunha nova campaña de concienciación promovida pola asociación InDiCan en colaboración co Concello de Fene. Desta campaña falouse nun novo espazo radiofónico, Radio Animal, que se emite todos os mércores, dentro do programa A Fenestra coa colaboración da asociación Indican

 

ESCOITA O PODCAST:

Un animal é un ser vivo con necesidades, non un obxecto. Para que ninguén o esqueza, este Nadal o Concello de Fene colabora nunha campaña coa asociación InDiCan. Trátase de disuadir á cidadanía de utilizar aos animais como agasallos, explica Lorena Fernández. Porque son seres vivos con necesidades, non peluches. Escolleuse esta época do ano debido ao consumismo propio destas datas, nas que aumenta o risco de comprar un animal como se fora un xoguete. Hai que ser moi consciente das necesidades e as obrigas que supón ter un can na familia, advertiu Noemí Graña, veterinaria etóloga experta en comportamento animal.  Tamén se pide á cidadanía "Non mirar para outro lado e denunciar", se sabe dalgunha situación de maltrato animal contactando coa Garda Civil, chamando ao 112 ou avisando á Policía Local, que nos últimos tempos reforzou o seu labor neste ámbito.

.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora