Sergio Pena gaña o Campionato Galego de Slalom

Sergio Pena gaña o Campionato Galego de Slalom
07 de Decembro, 2021 - 08:51 h. | Publicada por Radio Fene

O piloto de Ares Sergio Pena (Escudería Scratch Fene) gañou o Campionato Galego de Slalom tras vencer no 17º Slalom Scratch Fene “Gran Premio www.apartamentosauga.com” celebrado no polígono de Vilar do Colo o pasado domingo. A proba non defraudou aos amantes do volante e voltou ser unha cita decisiva e con emoción ate o final.  Corréronse catro mangas de competición, dúas de adestramentos e dúas oficiais. A climatoloxia adversa, fixo que o trazado estivese moi esbaradizo e provocou retrasos no programa establecido. Participaron corenta e seis coches con pilotos de Galicia e Asturias. 

Slalom Scratch Fene. 2021

Na primeira manga de adestramentos, o piloto máis rápido foi o competidor de Oroso Motor Sport, Manuel Souto, cun tempo de 2:02:357, seguido de Sergio Pena con 2:05:762 e Rubén Gandoy con 2:07:330. Na segunda das mangas de adestramentos, Manuel Souto voltou a ser o máis rápido, con 2:02:236, seguido do de Moeche, Diego González, con 2:03:543 e Rubén Gandoy con 2:04:023. Despois dunha parada dunha hora, comezaron as mangas oficiais ás 17:00 horas e a sorpresa saltou coa avería sufrida por Manuel Souto na caixa de cambios do seu afinadísimo Peugeot 205 Gti. Deste xeito, o de Oroso perdía tódalas súas opcións pola victoria na proba e no campionato, deixando o desenlace no duelo entre Sergio Pena e Manuel Trevín. Nesta primeira oficial, o mellor tempo xa en horario nocturno foi para Rubén Gandoy con 2:05:951, seguido de Sergio Pena con 2:06:374 e José Calvar, o piloto desplazado dende Cataluña para disputar a proba, con 2:08:014. Quedaba todo pendente do resultado da segunda manga e a emoción durou ata o paso por meta do último dos competidores, Sergio Pena, que era quen de rebaixar o seu tempo da primeira en máis de 3” e paralo crono en 2:03:242, seguido por Rubén Gandoy con 2:03:399 e José Calvar con 2:06:312.

 

Con esta victoria, Sergio Pena, o piloto de Scratch Fene, convertiuse de novo, xa o foi en 2019, en campión galego de slalom, así como a Escudería Scratch Fene á que pertence, renovou o título de escuderías por cuarto ano consecutivo. Pola súa banda, Manuel Trevín, do Automóvil Club As Pontes, proclamouse coma subcampión galego, despois da súa victoria en 2020. Por agrupacións, o vencedor da 1 (vehículos tracción ate 1150cc) foi Carlos Domínguez, de Scratch Fene, o da 2 (vehículos tracción entre 1150 e 1600cc) foi Sergio Pena de Scratch Fene, da 3 (vehículos tracción de máis de 1600cc) foi Javier Rodríguez de Galicia Motorsport, da 4 (vehículos propulsión) foi Manuel Trevín de ACAP e na 6 (vehículos prototipo) foi Rubén Gandoy do Siroco Narón.

 

Con respecto ós 8 Trofeos especiais postos en marcha por iniciativa propia do clube, os vencedores foron:

 

    XIV Trofeo Kia Corgal Scratch Fene ó mellor piloto da escudería fenesa: Sergio Pena – Citroen Saxo Vts – Scratch Fene
    XVI Trofeo Talleres Gandoy para Debutantes este ano en competición: Pedro Díaz – BMW E36 – Scratch Fene
    XVI Trofeo Ortegal Oil á mellor Pilota: Mariquiña Chao – Citroen Saxo Vts – Scratch Fene
    VI Trofeo Renault Talleres Ramos para o mellor piloto da marca do rombo: Deserto
    VI Trofeo Hyundai Finisterre Motor Junior, ó mellor piloto con 25 ou menos anos o día da proba: Bran Carballo – Citroen C2 – Escudería Miño
    V Trofeo Talleres Venezuela de Veteráns, para os pilotos con 45 ou máis anos: Antonio Amor – Seat 1430 – Escudería Moeche
    III Trofeo Castro Sport de traseiras, para vehículos de propulsión: Manuel Trevín – BMW Compact – Automóvil Club As Pontes
    I Trofeo Car&Bike Boxes de Históricos, para vehículos fabricados en 1990 e anteriores: Marcos Prieto – Peugeot 205 Gti – Scratch Fene.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora