ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O dúo Barahunda actua mañá sábado en Fene. Interpretarán temas do seu libro- disco Fremosas no centro Laudas Calamity, da rúa Cruceiro de Perlío, ás 12,30 da mañá nunha sesión vermú ecolóxica e económica. A organización prega que cada persoa asistente traia da casa a súa copa de cristal para evitar o uso innecesario de plásticos. Entrada de balde.
Ademais do apartado musical, Laura Bouza e Verónica García falarán das vangardas artísticas galegas e da súa relación coa Idade Media. Durante a actuación, Laura pintará unha obra que ao remate se sorteará entre as persoas asistentes.
Barahunda
Helena de Alfonso e José Luís Lara forman Barahúnda e afirman que o seu último traballo, Fremosas, é "o froito do amor á música, á poesía, á Historia e as historias". Quixeron dar a coñecer versos de setecentos anos de antigüidade, que un dia foron cancións "e que son a nosa herdanza cultural". Quixeron facelo ademais dun xeito fermoso, elegante, cálido e actual.
Imaxe: Barahunda en Barallobre. Fotografia Xan Xe
Publica o teu comentario agora