ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, asegura que o Plan de Inclusión Social da Xunta supón un “exercicio de hipocresía” e “bombas de palenque previas á campaña electoral”. Por este motivo, os socialistas solicitarán a devolución deste proxecto de Lei porque, dixo, desmantela as políticas públicas privatiz&aac
Reclamoulle ao presidente da Xunta que “restaure as políticas sociais ao día exactamente anterior á súa toma de posesión”, xa que a partir dese momento “todo foi o recorte e destrución sistemática da política social da Xunta” desenvolta polos socialistas durante toda a lexislatura anterior.
A responsable socialista sinalou o informe do Consello Económico e Social, que advirte que esta nova Lei descarga as políticas públicas sobre entidades privadas, privatizando un servizo público fundamental. Sestayo dixo que isto supón “substituír dereitos e políticas públicas por políticas de beneficencia desenvoltas pola iniciativa privada ou as fundacións benéficas próximas” ao PP.
Engadiu que esta norma presentada pola Xunta “descansa sobre o decreto de servizos sociocomunitarios” que se enfronta ao informe desfavorable do CES e á oposición dos concellos galegos, aos que “deixa sen recursos para desenvolver as políticas sociais”.