Setembro chega con exames e matrículas

Setembro chega con exames e matrículas

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As mochilas volveron sair á rua neste 1º de setembro. Os institutos abren as portas para celebrar os exames de setembro. En dous dias quedarán vistos para sentencia. Quen suspenda máis de duas asignaturas terá que repetir curso porque en Galicia non prosperou aquilo de pasar con todo a rastras. Dia de exames de recuperación e dia da volta dos mestres aos centros  de primaria. Deben prepara

No Centro de Fene ábrese dende hoxe ata o 14 de setembro o prazo de preinscripción extraordinario para ciclos. E mesmo haberá prazos extraordinarios de matrícula ata o 31 de outubro naqueles ciclos con prazas libres.  No centro Integrado de FP de Fene quedan aínda prazas en todos os ciclos agás no de 1º de soldadura.

Impártense en Barallobre os ciclos de grao superior en: Administración e Finanzas; Sistemas de regulación e control automáticos e Sistemas de telecomunicacións e informáticos.  Para estes cilos de grao superior é condición indispensable ter o título de Bachelerato.Barallobre oferta ata seis titulacións de grao medio: - Instalación e mantenemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas-Electromecánica de vehículos.- Soldadura e Caldereiría.- Mantenemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor.- Equipos electrónicos de consumo e- Xestión administrativa.Para estes cursos é imprescindible contar co titulo da ESO. 

Aínda do 1 ao 10 de setembro ábrese o prazo de preinscripción para o PCPI de Fabricación Mecánica. Non é preciso ser graduado en ESO e ter 16 anos.antes do 31 de decembro deste ano 2009.
O Centro Integrado de Fene conta con transporte escolar dende Ferrol, Freixeiro e Neda, Pontedeume, Redes e Mugardos.  

Sociedade