ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Chamamento ao civismo e advertencia de severidade nas sancións da concelleira de Medio Ambiente de Fene Mari Carmen Martínez. Lamentou os casos de maltrato animal rexistrados no concello e os frecuentes verquidos de residuos industriais en distintos puntos do municipio.
“Quero facer un chamamento á conciencia da xente”, dixo en Radio Fene a concelleira de Medio Ambiente que lamentou os casos de maltrato animal rexistrados recentemente no concello. Animou á cidadanía a colaborar denunciando cando teña constancia dalgún deses feitos. “Non é obrigatorio ter un can, quen o teña debe darlle os coidados necesarios porque é un ser vivo”. A concelleira lembrou que as sancións por non coidar debidamente aos animais son elevadas. Dez mil euros é a multa por non ter chip.
Verquidos ilegais
Verquidos ilegais de rodas, botes de pintura e uralitas é outro problema medio ambiental. Reiteradamente aparecen en distintos puntos do concello de Fene, como as parroquias de Maniños e Sillobre. “Os verquidos fanse de noite, é lamentable a falta de civismo”, apunta a concelleira que destaca o custe para o Concello de retirar eses residuos que non parecen proceder de particulares. “A persoa que se colla facéndoo que saiba que non me vai tremer o pulso coa sanción, con iso e no tema dos cans”.
Publica o teu comentario agora