Sexismo no deporte

Sexismo no deporte
06 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A maioría das adolescentes deixa de practicar deporte antes dos 16 anos. Das causas dese abandono falamos co psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

Co paso do tempo a práctica deportiva decrece, entre mozas e mozas. Algunhas causas son compartidas, explicou o especialista. Diversión e amizades levan a moitos nenos e nenas a practicar deporte e os dous factores van a menos co paso do tempo, porque a exixencia é maior e xenérase ambiente de competición. Outras causas afectan sobre todo ás rapazas. Mal que nos pese, aínda subsisten moitos estereotipos no mundo deportivo respecto da muller, advirte Barcia Tuccelli.“As nenas quéixanse de que os espazos deportivos están máis centrados nos homes  de que os compañeiros e adestradores seguen pensando que os que saben xogar son os nenos”. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora