Sexo, xogo e investigación

Sexo, xogo e investigación
09 de Decembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Sánchez Pereiro atopa novos sospeitosos na súa investigación polo asasinato do home aparecido na Torre de Hércules mais o policía mestura o seu traballo con pracer. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

“Despedinme de Vanessa con dobre pesar. Botaría de menos as súas nádegas redondas, as súas costas perfectas, a súa boca experta, as súas mans mestras. E pesábame tamén a miña obrigación de metela no cárcere no caso de que fose culpábel”. Non é Vanessa a única muller que se cruza no camiño do policía Pereiro. Hai outra que o sorprende e coa que pensa pasar a noite. Iso si, non llo pode contar ao seu hóspede e xefe no ámbito privado. Alleo ao próximo encontro do comisario, Souto Varela xoga as cartas con Gustavo Varela. Non só comparten xogos senón tamén a mesma enfermidade, tal e como desvelan os capítulos 11, 12, 13, 14 e 15 de Lobos Doentes que Radio Fene emitirá este venres a partires das 12,00 horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora