A SGHN rexeita os traballos de limpeza e dragado do Parque Náutico no Río Limia

A SGHN rexeita os traballos de limpeza e dragado do Parque Náutico no Río Limia

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Serían unha desfeita ecolóxica e hidrolóxica e un desfilfarro de cartos públicos os proxectos de limpeza e dragado do Parque Náutico no Río Limia afirma a Sociedade Galega de Historia Natural. Segundo a SGHN “hai uns días coincidiron no tempo tres novas de prensa relacionadas con outros tantos proxectos a desenvolver nun mesmo treito do Río Limia ó seu paso por Xinzo de Limia: dous comunicados da Confedera

A asociación de defensa do medio afirma que os datos oficiais da "Proposta de proxecto de plan hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño - Sil" indican que das 8 masas de auga existentes na chaira limiá: 2 atópanse nun estado ecolóxico "moderado", 4 nun estado "deficiente" e 1 nun estado "malo". Entre as identificadas como en estado deficiente inclúese a denominada "ES510MAR002362 Río Limia en zona de Riego de Lamas Grande e Filgueira" que abrangue o treito do Río Limia ó seu paso por Xinzo de Limia. 

“O estado ecolóxico deficiente ou malo do Río Limia non se debe a que supostamente se acumule area no seu leito senón á excesiva extracción (legal e ilegal) de auga para regadío e á fortísima contaminación por verquidos urbanos e agro-gandeiros. Pero, no canto de abordar a raíz do problema, a Confederación pensa en despilfarrar o seu orzamento en proxectos ecolóxica e hidrolóxicamente moi perxudiciais:

- A vexetación acuática natural que coloniza a canle do río Limia xoga un papel hidrolóxico e ecolóxico fundamental:

- O dragado do río impactaría sobre as poboacións de invertebrados e vertebrados acuáticos, e suporía reincidir nos erros do pasado (canalización e dragados recurrentes que desencadean un proceso xeneralizado de incisión de canles e forte deterioro do sistema fluvial no seu conxunto)”. 

Neste mesmo senso, o CIREF (Centro Ibérico de Restauración Fluvial, Universidade de Zaragoza) ven de calificar o proxecto de dragado do río Limia como "barbaridade xeomorfolóxica" baseada en argumentos "insostibles". 

Xa que non semella razoable despilfarrar os fondos de que dispón a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en obras hidrolóxica e ecolóxicamente contraproducentes, aparentemente co único fin absurdo de facilitar a construcción dun parque náutico nun treito de río no que as condicións cuantitativas e cualitativas das augas o farían inviable, a SGHN vén de solicitar á Ministra de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino que inste ó Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a que:

- O "acondicionamento das marxes do río Limia no térmo municipal de Xinzo, entre a desembocadura do río Nocelo e a estación depuradora de augas residuales" se limite á retirada de lixo e entullos e á eliminación exclusivamente de "especies exóticas invasoras, tanto de flora como de fauna".

- Desbote total e definitivamente o dragado do río Limia. 

No mesmo senso, a SGHN ven de solicitar ó Presidente da Xunta de Galicia e ó Presidente de Portos de Galicia que desbote totalmente o proxecto de construir un parque náutico no río Limia.

Sociedade